Thursday 18 de April de 2024

A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre “As follas de reclamacións”


A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”. O tema a abordar mañá, ás 12.30 horas, será “As follas de reclamacións”, para realizar unha exposición sobre os dereitos nesta área e respostar ás dubidas que poidan xurdir en materia de consumo.
Todas aquelas persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. No caso de non dispoñer de Webex instalado haberá que acceder premendo en “Únase dende o navegador”.